Portfolio
Proxectos e Competicións
- •Gañei o reto Alén Space e o 2.º mellor proxecto Open Source en HackUDC 2026 (400+ participantes) con BFG-I. Fun seleccionado entre 1.700+ solicitantes para participar en HackUPC 2026 con XEITECH. Ambos os proxectos foron desenvolvidos en 36 horas.
- •HackUDC (BFG-I): implementei un sistema de streaming de DOOM desde satélite sobre enlaces LEO en C, usando compresión de vídeo H.264, empaquetado RTP/UDP e un búfer circular lock-free.
- •HackUPC (XEITECH): desenvolvín un simulador de almacén automatizado cun algoritmo de E/S baseado en heurísticas, reordenación de instrucións SSTF e un xemelgo dixital en 3D con C++, Python e React.





Skill de gobernanza open source2026
- •Skill en formato Agent Skills para Claude Code e OpenCode que configura a gobernanza open source completa dun proxecto, xerando a licenza, os metadatos REUSE e os artefactos de contribución, seguridade e CI que seguen as boas prácticas da FSF e a OSI.
- •Nace como unha utilidade para liberar un proxecto dun hackathon, pero serve para todo tipo de proxectos.
Designacións arbitrais automáticas2026
- •Deseñei un motor de optimización en Python para planificar eficientemente ata 800 partidos semanais, combinando problemas de planificación de persoal e enrutamento de vehículos.
- •Resolvin restricións complexas, incluíndo solapamentos de horarios, vetos e emparellamentos por nivel, mediante unha weighted greedy selection con busca local e aproximacións xeométricas.

Xestión intelixente da auga2025 – presente
egswater.com- •Desenvolvo unha plataforma de IA/IoT (NestJS, R, React) con dous compañeiros de Akademia para pequenos municipios galegos, co obxectivo de optimizar os recursos naturais e reducir as perdas de auga non rexistrada.
- •A solución, un algoritmo de detección de anomalías baseado nun ensemble non supervisado, atópase en fase de prototipado previa ás probas piloto municipais planificadas.

Revista estudantil2023 – 2025
Máis Mates (USC)- •Editor e colaborador dunha revista mensual da Facultade de Matemáticas da USC.
- •Colaborei para publicar contido técnico e de divulgación de calidade, ampliando as miñas competencias ao explorar temas máis alá do plan de estudos oficial.
- •Publicacións dispoñibles en Minerva.



